martes, 3 de febreiro de 2009

Memoria do Cineclube Poleiro

O Cineclube Poleiro, que naceu dentro da Asociación Cultural Eliseo Alonso, foi creado en marzo de 1998, aínda que os seus estatutos non se constituíran ata setembro do mesmo ano e a súa inscrición no Rexistro de Cineclubs de Galicia non se fixera efectiva ata marzo do 1999 có número C-43. A partir dese momento integrouse na .

O Cineclube Poleiro empezou coa mesma finalidade ca propia asociación, a promoción cultural dentro da comarca do Baixo Miño, propoñendo puntos de encontro cultural dentro da comunidade.

Durante sete anos, até o ano 2005, o Cineclube Poleiro desenvolveu as súas actividades no Cinema Avenida da Guarda.

1998:
Pranto pola terra amada / Western / O funeral / Full Montty / Kun-dun / Martin H / Fuego
1999:
Rompendo as ondas / Limpeza en Seco / Barrio / Estación Central de Brasil / Tango / Meu nome é Joe / Gato negro, gato branco / Solas / Apiñes
2000:
Frores doutro mundo / Hoxe comenza todo / Afirma Pereira / Ghost dog / Tres estacions / Unha historia verdadeira / Asfalto / As confesiones de Dr. Sachs
2001:
Hanna-bi / Oriente é Oriente / To be or not to be / Nacional 7 / Lista de espera / Bailar na escuridade / Sei quen és / Buffalo'66 / lei de Herodes
2002:
Buena vista social club / A cidade está tranquila / A pianista / Kandahar / 9 raiñas / Momentos colaterais 11’09“01 / Elling / Á revolución nun 2CV / Intimidade / A voda do monzón
2003:
Italiano para principiantes / Happy Times / O último tren / Escape to paradise / Punch-Drunk Love / for Columbine / Far from Heaven (Lonxe do Ceo)
2004:
Soñadores / In this world / Uzak (Distante) / As invasións bárbaras / The station agent / As mulleres de verdade teñen curvas / O home do tren / Whale Ryder
2005:
Um film falado / Machuca / Contra a parede / Camiñar sobre as augas / O Sr.Ibrahim es as flores do Corán.


O noso obxectivo foi achegar ó cine de calidade a unha comarca que durante as últimas decadas comprobou como os cines ían desaparecendo dos seus concellos. Pensamos que a selección das películas que fixemos foi unha boa forma de dar a coñecer unha representación do cine maís actual, lonxe, moitas veces, dos circuitos comercias.

A actividade do cineclube Poleiro rematou forzosamente cando o Cinema Avenida da Guarda pechou. Co posterior peche dos cinemas de Tui, non quedou ningunha sala aberta no Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario