sábado, 28 de marzo de 2009

Somos 130 socios/as

O CINECLUBE POLEIRO TEN XA 130 SOCIOS E SOCIAS

A Asociación Cultural Eliseo Alonso proxecta o próximo xoves, 2 de abril ás 21:30 no auditorio de Goián proxecta «La Banda nos visita», do israelí Eran Kolirin, premiada en Cannes.

O reinicio da actividade do cineclube Poleiro foi moi ben acollido.A cifra de 130 socios/as da unha idea do interés que o cine de calidade desperta no Baixo Miño, unha comarca onde pecharon todolas salas de cine.

Os bonos de socio/a poden mercarse na entrada do Auditorio.

«La Banda nos visita» é unha comedia dramática que conta as desventuras dun grupo de músicos, unha orquestra de policías exipcios, que por un malentendido acaban desorientados nunha cidade israelí no medio do deserto. A rutina diaria dos habitantes do lugar quedará trastocada.


O conflicto de Oriente Medio visto dende as relacións humanas. As diferenzas políticas son superadas pola obrigada convivencia.. Unha delicada historia para que o espectador disfrute de vivencias persoais ben contadas, diálogos intelixentes e gags surrealistas. É a ópera prima do realizador pero recibiu premios en todolos festivais nos que se presentou, Cannes, Montreal, Valladolid, Tokio, Los Ángeles/hellip;

Eran Kolirin explica :

«fixéronse moitas películas referíndose á cuestión de porque non hai paz pero son poucas as que se fixeron falándonos de porqué precisamos a paz por riba de todo»

Ningún comentario:

Publicar un comentario